fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 27 Abril 2021 09:24

Traballos de asfaltado no barrio de Comboa

Traballos de asfaltado no barrio de Comboa

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar as obras de asfaltado e acondicionamento no camiño de Arieiro- Comboa.

A mellora, financiada a través do Plan Marco da Consellería do Medio Rural, inclúe a renovación da capa de rodadura en máis de 2600 metros cadrados na contorna da praia fluvial de Comboa.

Os traballos de asfaltado dividiranse en dous tramos. O primeiro deles, de 120 metros de lonxitude por 2,6 metros de ancho, e un segundo de 336 de longo e 7 metros de anchura.

Inclúen o realce das tapas de rexistro na calzada a nivel co novo firme e as correspondentes marcas viarias. Ademais, como parte de preparación do terreo, procedeuse á regulación dalgunhas cunetas para asegurar que están libres de restos orgánicos e vexetais procedentes da limpeza das leiras e camiños.

En total a mellora dotará de máis de 2600 metros cadrados de novo firme á rede viaria municipal coa intención de aumentar a seguridade e comodidade do tráfico ademais de previr os problemas que poidan ocasionar as choivas.

O desexo é realizar esta mellora se seguridade viaria antes da chegada do verán xa que a actualización deste vial mellorará os accesos a todos os veciños da zona e dos visitantes da praia fluvial de Comboa durante o período estival.


Publicado en Vias e Obras
Visto 633 veces