fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 16 Abril 2021 13:27

Axudas para corrixir impactos paisaxísticos

Axudas para corrixir impactos paisaxísticos

A Xunta de Galicia pon en marcha as axudas para a corrección dos impactos paisaxísticos nas vivendas galegas

En concreto, poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:

• Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal, adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.

• Revestimento e pintado de fachadas actualmente finalizadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir, adaptados aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.

 • Renovación do acabado exterior das fachadas de edificacións ( paramentos e carpinterías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabado, para substituílo por solucións adaptadas á Guía de cor e materiais de Galicia.

 • Remate exterior de cubertas realizadas con placas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica ben de lousa, en función do material tradicional da comarca, de acordo coas recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia.

. Acondicionamento e mellora de peches de leiras de gran dimensión (altura superior a 1,50 metros), mediante a substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

• Revestimento de muros de peche de leiras realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachotería tradicional, adaptada aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

 • Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas prefabricadas de cerámica ou de formigón, en peches de leiras, por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

O prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de maio de 2021.


Publicado en Vias e Obras
Visto 743 veces