fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 16 Xuño 2020 10:18

Reapertura dos parques infantís

Reapertura dos parques infantís

O Concello comezou coa posta en servizo dos distintos parques infantís empezando polos máis utilizados. O resto de parques do municipio poñeranse en servizo de forma progresiva durante esta semana.

A reapertura dos parques infantís permitida coa chegada da “nova normalidade” establece unha serie de condicións para o seu uso, como a limitación de aforo necesaria para garantir o mantemento da distancia social entre os pequenos, que non poderán reunirse para xogar a menos que convivan xuntos.

Ademais, os parques terán que desinfectarse a diario con produtos para desinfección de superficies.

Do mesmo xeito, desde o Concello lembran que para mellorar a seguridade individual dos pequenos recoméndase o uso de elementos de protección individual, salvo en menores de 3 anos, o uso de xeles hidroalcohólicos e a observación constante das medidas de hixiene.


 


Publicado en Vias e Obras
Visto 992 veces