fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 09 Marzo 2016 14:08

Presentación do XVI Certame e Exposición da Camelia

Presentación do XVI Certame e Exposición da Camelia

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo, Dolores Cernadas, presentaron esta mañá no Castelo de Soutomaior a XVI edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana.

O Castelo de Soutomaior converterase un ano máis no escenario perfecto para este Certame . Este ano a mostra contará con máis de 30 expositores locais e 25 doutros municipios, superando así as 60 composicións florais e confirma o éxito de participación desta edición.

Os alumnos dos colexios Santiago Apostol e a Escola de Romariz de Soutomaior tamén competirán este ano coas súas exposicións e coa beleza e orixinalidade cos escaparates de varios comercios locais.

A mostra poderase visitar durante todo o fin de semana. O sábado o horario da exposición será de 16:00 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde as dez da mañá.

O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:00 horas do domingo.

Desde o Concello de Soutomaior destácase a colaboración prestada pola Deputación de Pontevedra para a celebración do certame mediante a cesión do recinto do Castelo ademais dalgúns premios. Do mesmo xeito, agradecer o magnífico traballo realizado polos traballadores do parque do Castelo en colaboración con empregados municipais na montaxe dos expositores.


Publicado en Certame da Camelia
Visto 2401 veces