fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 30 Xuño 2021 12:10

Exposición fotográfica ‘saborEarte’

Exposición fotográfica  ‘saborEarte’

 Dende o luns 28 de xuño e ata o 6 de xullo, a exposición poderá visitarse no Multiusos de Arcade .

A mostra recolle as imaxes obtidas nos eventos gastronómicos celebrados no Camiño Portugués da Costa durante o pasado mes de maio.

Do 28 de xullo ao 6 de xullo, veciños e visitantes do Concello de  Soutomaior poderán admirar a fotografía gastronómica de Adolfo Enríquez gracias á exposición ‘saborEarte’.

A mostra está conformada por 23 fotografías obtidas no transcurso dun proxecto que se centrou en presentar a gastronomía local como recurso de alto valor para a promoción turística. Fíxose a través de mostras de cociña, nas que os produtos de proximidade de cada un dos cinco destinos escollidos, foron os protagonistas.

Agora, a exposición ‘saborEarte’ ofrece a oportunidade de coñecer non só os pratos rematados, senón tamén algunhas instantáneas das xornadas gastronómicas do proxecto que, debido á situación sanitaria, tiveron que celebrarse con aforo pechado e convite previo.

Os eventos ‘saborEarte’ arrincaban o pasado 30 de abril, con citas semanais que percorreron os Concellos do Rosal, Soutomaior, Portas, Pontecesures e Padrón. A exposición fotográfica retorna agora aos concellos anfitrións do proxecto, aos que se sumará unha última cita en Santiago de Compostela.

A fin de redundar no valor promocional da fotografía gastronómica, tanto as imaxes seleccionadas para a exposición coma outras realizadas durante os eventos ‘saborEarte’, serán postas a disposición de todos os usuarios na web www.saboreartenocamino.com para a súa descarga e libre utilización.


Publicado en Turismo
Visto 866 veces