fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 02 Decembro 2020 09:29

Acendido luces de Nadal

Acendido luces de Nadal

Sábado 5 de decembro ás 18,15 h. – Alameda de Talo Río

Este próximo sábado, 5 de decembro, ás 18,15 h. procederase ao aceso das luces de Nadal 2020 na Alameda de Talo Río en Arcade.

Haberá un espectáculo de animación “ sementes de luz” dunha duración de 30 minutos. Para este espectáculo o aforo será de 50 persoas cun máximo dous adultos por familia.

En caso de mal tempo suspenderase a actuación de animación pero non o aceso das luces.

 Coa intención de non aglomerar máis espectadores do aforo neste acto o Concello de Soutomaior propón que se siga o aceso desde o facebook do Concello que realizará unha transmisión en vivo por streaming.

 Os interesados poden ver a transmisión desde un teléfono, un ordenador ou unha televisión en liña.


Publicado en Turismo
Visto 1202 veces