fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 20 Xullo 2020 12:19

Biblioverán 2020

Biblioverán 2020

Dende a Concellería de Cultura, un verán máis se pon en marcha a actividade “Biblioverán” co obxectivo de fomentar a lectura coma fonte de enriquecimento cultural tamén nos espacios de ocio do municipio. Este servicio coordinado pola Biblioteca Municipal ofrece un novo punto de lectura na oficina de Turismo ubicada no Peirao de Arcade, calquera persoa interesada pode achegarse e acceder ao préstamo temporal previa presentación dun carnet identificativo (DNI ou carné da biblioteca…) durante 24 horas de revistas e máis libros. Os xornais só poderan consultarse na propia oficina con máscara a partires das 14:00 horas. (Antes poden consultarse dende as 9:00 horas na Biblioteca Pública Municipal).

O servizo “Biblioverán” permanecerá activo todo o verán ata o día 30 de setembro en horario de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas de luns a domingo.


Publicado en Turismo
Visto 1182 veces