fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 05 Xuño 2020 13:20

Peonalización acceso ao peirao de Arcade as fins de semana

Peonalización acceso  ao  peirao de Arcade  as  fins de semana

O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha a peonalización da rúa Peirao de Arcade a partir desta fin de semana.

A medida quere proporcionar máis espazo peonil nunha das zonas máis populares para o paseo para que poidan respectar a distancia de seguridade.

A restrición de acceso aos vehículos entrará en vigor desde as 00:00 do sábado ata as 00:00 do luns e estará vixente , en principio, durante toda a alarma sanitaria.

A prohibición de acceso a vehículos afectará o tramo da rúa Peirao comprendido entre a entrada do Peirao e a glorieta da Mariscadora.

Só estará permitido o acceso aos veciños residentes neste tramo, polo que os usuarios do porto que desexen estacionar os seus vehículos  deberán facelo accedendo a través da explanada da EDAR.


Publicado en Tráfico
Visto 1120 veces