Esta axuda ten por finalidade a concesión de subvencións para adquisición de material escolar para o alumnado matriculado en educación infantil, primaria ou secundaria dos centros docentes do Concello de Soutomaior así como para o alumnado do Concello de Soutomaior que curse bacharelato, FP ou PCPI.
Os solicitantes deberán entregar a documentación requerida nas bases nos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior dende o 15 de xuño ata o 15 de xullo.
As bases poden descargarse do enlace aquí abaixo e consultarse tamén no taboleiro de anuncios dos servizos sociais.