fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 24 Agosto 2021 10:44

Novo cribado COVID no Concello de Soutomaior

Novo cribado COVID no Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior  acollerá un novo cribado masivo dirixido á poboación de entre 14 e 29 anos.

Será con proba PCR e  levará a cabo o venres día 27 de agosto en horario de mañá e de tarde (de 9,00 a 14,00 h e de 15,30 a 20,00 H.) no Multiusos de Arcadea.

Segundo calcula o Sergas, serán convocadas 750 persoas con Tarxeta Sanitaria activa no Concello de Soutomaior.

As persoas seleccionadas para participar no cribado serán convocadas vía SMS ao número asociado á súa tarxeta sanitaria, no que recibirán o día e a hora á que terán que acudir ao Multiusos de Arcade para realizar a PCR.

Desde o Concello de Soutomaior instamos aos convocados a acudir aos cribados para detectar todos os positivos posibles e cortar así cadeas de transmisión do coronavirus


Publicado en Sanidade
Visto 1021 veces