fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 29 Xullo 2021 09:53

Coronavirus:Soutomaior pasa a nivel de restrición alta

Coronavirus:Soutomaior pasa a nivel de restrición alta

Segun acordou o comité clínico o Concello de Soutomaior pasara a nivel ALTO de restriccións as 00:00 horas do día 31 de Xullo ( noite de venres a sábado)

Cambio de aforos na hostalería:

·         50% en interior (só se pode acceder con certificado de vacunación, pcr negativa, test de antíxenos negativo ou certificado de ter pasado a enfermidade) para maiores de 12 anos.

·         50% en exterior

Cambios no ocio nocturno

·         Exterior ó 50% e peche ás 01.00 horas

·         Interior pechado

Reunións:

·         Limitación de 6 persoas no interior e 10 no exterior

·         Entre as 1.00 e as 6.00 h están proibidas as reunións de non conviventes.

Uso da máscara:

·         A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

·         Na vía pública e en  espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a  aglomeración de persoas  impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

·         Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias , cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros


Publicado en Sanidade
Visto 1053 veces