Sanidade
Sanidade +
O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media
Na última reunión do comité clínico ha decidido, pola incidencia acumulada nos últimos 14 días, incluír ao Concello de Soutomaior no nivel de restrición media. As normas entrarán en vigor este próximo venres a partir das 00,00 horas
Medidas de prevención especificas para concellos con incidencia acumulada a 14 días inferior a 250 casos por cada cen mil habitantes:
Limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre,sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes .
Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.
• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.
• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.
• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacións vocais de canto.
• Actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 30% da capacidade autorizada do local. Límite de 75 persoas en locais pechados e 150 persoas en locais ao aire libre.
• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.
• Competicións deportivas,: 30% da súa capacidade máxima permitida o público deberá permanecer sentado.
Establecementos de hostalaría e restauración:
No interior: Limitación ao 30% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
• Non se poderá prestar servizo en barra.
• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 50% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
• Horario do peche ao público: 21:00 horas.
• Horario do peche ao público dos restaurantes: 23:00 horas sempre que cumpran os requisitos que se determinen no marco do Plan de Hostelaría segura.
•Permítese a recollido no local para consumo no domicilio ata as 22:30 horas.
• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.
Máis información en: www.coronavirus.sergas.gal
Sanidade
14-10-2022 / Sanidade
O Conselleiro de Sanidade reuniusehoxe co alcalde de Soutomaior para asinar o convenio de colaboración do novo centro de Saúde que se construirá en fronte ao IES Soutomaior. O conselleiro lembrou que o proxecto de Soutomaior é unha prioridade para a Consellería e que os plans para este novo espazo, que contará co triplo de metros cadrados que o actual...
29-12-2021 / Sanidade
O comité clínico acorda o peche dos locais de hostalería e restauración e do ocio nocturno: En vigor desde as 00,00 h do 30 de decembro e ata o 18 de...
24-08-2021 / Sanidade
O Concello de Soutomaior acollerá un novo cribado masivo dirixido á poboación de entre 14 e 29 anos. Será con proba PCR e levará a cabo o venres día 27 de agosto...
29-07-2021 / Sanidade
Segun acordou o comité clínico o Concello de Soutomaior pasara a nivel ALTO de restriccións as 00:00 horas do día 31 de Xullo ( noite de venres a sábado) Cambio de...
13-07-2021 / Sanidade
Ante a actual situación de novos casos activos, o Concello de Soutomaior volve informar os datos da incidencia acumulada nos últimos días e dos novos casos diagnosticados. Nos últimos días produciuse...
09-06-2021 / Sanidade
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19 acordou na súa reunión deste martes eleva as restricións no Concello de Soutomaior, que...
04-06-2021 / Sanidade
Debido ao aumento de casos positivos no noso Concello nos últimos días o SERGAS decidiu realizar un cribado masivo. As probas para detectar contagios de coronavirus realizaranse a veciñ@s que teñan...
21-05-2021 / Sanidade
O comité clínico que asesora á Xunta ante a pandemia de Covid acordou que o Concello de Soutomaior , despois de ver a evolución dos últimos casos activos, pase a...
Sanidade +