fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 21 Abril 2021 10:04

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media-baixa

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media-baixa

Debido á boa incidencia dos últimos días, o comité clínico decidiu que O Concello de Soutomaior pase  do nivel  de restricción media  a nivel de restricción media-baixa a partir do venres.

Medidas de prevención especificas para concellos con incidencia acumulada a 14 días inferior a 150 casos por cada cen mil habitantes

Durante o periodo comprendido entre as 23:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de necesidades imprescindibles e contempladas no BOE

• Limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre,sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes .

• No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de si se reúnen en espazos pechados ou abertos.

A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos, tanto na vía pública, espazos ao aire libre e en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.,

 Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

• No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

Non se poderá prestar servizo en barra.

• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 75% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario do peche ao público: 21:00 horas.

• Horario do peche ao público dos restaurantes: 23:00 horas sempre que cumpran os requisitos que se determinen no marco do Plan de Hostelaría segura.

• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 22:30 horas.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.

Os cambios aprobados entrarán en vigor este venres, 23 de abril, desde as 00.00 horas.


Publicado en Sanidade
Visto 936 veces