A partir de luns día 29 ás 00,00 horas o Concello de Soutomaior pasa a nivel media- baixa polo que se modifican algunhas das restricións que ata o de agora nos afectaban.
Resumimos estas novas medidas e solicitamos moita precaución para así seguir mellorando a situación no noso Concello
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
• No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
Non se poderá prestar servizo en barra.
• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 75% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
• Horario do peche ao público: 21:00 horas.
• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.
• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.
MERCADOS AO AIRE LIBRE
• Mercados con menos de 50 postos autorizados: 100% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.
• Mercados con 50-100 postos autorizados: 75% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.
• Mercados con máis de 100 postos autorizados: 50% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.
CENTROS DE LECER INFANTIL
• Capacidade máxima 50%. e un ratio dun monitor por cada 10 participantes
• Grupos dun máximo de seis nenos / nenas no exterior e de catro no interior.
ACTIVIDADE DEPORTIVA
Non federada:
• Ao aire libre en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara
• En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara
• Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.
• Vestiarios e zonas de ducha: límite 30% da capacidade máxima permitida.
Federada:
• Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados
Máis información en: coronavirus.sergas.gal