fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 22 Marzo 2021 13:19

Novo Centro de Saúde

Novo Centro de Saúde

Hoxe asinouse o protocolo de colaboración entre o Concello de Soutomaior e a  Xunta de Galicia para a construción do novo centro de saúde na zona de Salgueirón.

A firma entre o Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña e o Alcalde Agustín Reguera realizouse no Salón de plenos do Concello de Soutomaior

Estará situado diante do novo instituto nunha parcela de case 8.000 metros cadrados.

O novo ambulatorio contará cunha superficie útil construída de arredor dos 1.400 metros e o resto da superficie habilitarase para zonas de aparcamento e servizos. 


Publicado en Sanidade
Visto 1197 veces