fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 11 Marzo 2021 11:11

Nivel restrición alta

Nivel restrición alta

Desde este venres ás 00:00 horas o Concello de Soutomaior para do nivel de restrición máxima a nivel de restrición alta polo que entran en vigor novas medidas que afectan ao noso Concello.

Lembrar que como persoas seguimos tendo a responsabilidade de reducir o noso risco de contaxio mediante accións que están exclusivamente na nosa man e a nosa contorna próxima. Isto beneficiará á vida social, económica e doutros ámbitos no noso Concello polo que solicitamos cúmpranse as medidas postas en marcha polas autoridades sanitarias e así non dar pasos atrás que tantos problemas tráennos no noso día a día.

As novas  medidas comezarán ás 00:00 horas do día 12 de marzo de 2021

Limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno

Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de actividades esenciais.

Limitación da permanencia de grupos en espazos públicos ou privados

 Limitanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.

Limitación da entrada e saída das persoas do ámbito territorial dos concellos

 A mobilidade será soamente entre os concellos do mesmo nivel de restricións.

Establecementos de hostalaría e restauración

Non está permitido o consumo no interior.

 Nas terrazas ao aire libre:Limitación ao 50% das mesas permitidas.

 A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

 Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

 Horario do peche ao público: 18:00 horas.

 Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.

 Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.

Establecementos e locais comerciais

Establecemento retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do 50% da súa capacidade.

Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.

Actividade deportiva

Non federada:  Ao aire libre ou en instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía.

• Instalacións deportivas cubertas: límite 30% da capacidade máxima permitida.

Federada: • Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados

Máis información en  coronavirus.sergas.gal  - Restricións por Concellos


 


Publicado en Sanidade
Visto 1462 veces