fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 09 Marzo 2021 11:26

Cribados Covid 19 no Concello de Soutomaior

Cribados Covid 19 no Concello de Soutomaior

No día de onte  empezáronse a realizar distintos cribados no Concello de Soutomaior por parte do Sergas. Iniciáronse no CEIP Padín Truiteiro Instituto IES Soutomaior para a continuación chegar a quenda ao  Instituto IES Soutomaior  e xa se realizou hai uns días ao colexio concertado Santiago Apóstolo.

No día de onte tamén se iniciou un cribado poboacional con test PCR para as persoas seleccionadas comprendidas entre a franxa de idade de 30 a 64 anos e prolongarase ata o vindeiro xoves.

 Este cribado realízase no Peirao de Arcade con dúas opcións para os citados: realizar a proba sen saír do coche ou achegarse ao punto do cribado a pié.

Desde o Concello de Soutomaior faise un chamamento á poboación seleccionada para que acuda á cita debido a que as probas permiten detectar posibles positivos, iniciar o estudo de contactos e evitar máis contaxios para así normalizar a preocupante situación de casos activos que hai uns días presentaba o Concello de Soutomaior


Publicado en Sanidade
Visto 1016 veces