fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 05 Marzo 2021 13:51

Novo cribado poboacional

Novo cribado poboacional

A partir do próximo luns vai realizar un novo cribado poboacional con PCR para 2500 persoas do Concello de Soutomaior de idades comprendidas entre os 30 a 64 anos.

Este cribado realizarase no Peirao de Arcade con dúas opcións para os citados: realizar a proba  sen saír do coche ou a pé

Cada unha das opcións elixidas terá a súa carpa correspondente.

Os que se trasladen en vehículos terán que acceder ao cribado pola rúa Peirao (ao saír da ponte á esquerda) e seguindo as indicacións ata a carpa instalada e completar o circuíto pola saída.

Se na mensaxe indícanlle calquera outro localización para a realización da PCR non a teñan en conta. O único sitio onde se realizarán é o Peirao de Arcade

O cribado non é obrigatorio, pero é importante por ti e polos demais e este tipo de probas permite controlar brotes e ofrece información da circulación do virus, que resultan importantes para combatelo.

Así mesmo solicitamos a todas as persoas que se citen que acudan dentro do día e da hora programada para evitar esperas e retencións no cribado.


Publicado en Sanidade
Visto 1392 veces