Mércores, 03 Marzo 2021 12:48

Concello de Soutomaior - Nivel de Restrición Máxima

Concello de Soutomaior - Nivel de Restrición Máxima

Esperando a ratificación por parte da publicación do DOGA, están serán as medidas, de xeito resumido, que afectarán ao noso Concello a partir do venres 5 de marzo a partir das 00,00 horas

Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de actividades esenciais.

Limitanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, só a persoas conviventes.

Queda restrinxida a entrada e saída de persoas do ámbito territorial do Concello de Soutomaior

Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.

Velorios: 5 persoas por túmulo agas conviventes e 15 en espazos abertos.

Blibiotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida.

Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor ou guía.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

• Pechados ao público.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.

• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS

• Establecemento retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do aforo 50% da súa capacidade, independentemente da súa superficie.

• Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

• Ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. (Peche das pistas de tenis e pádel)

Federada:

• Axustarase os correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados

ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE:

·         Parques infantís e parques multilecer.


Publicado en Sanidade
Visto 1287 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Novas medidas acordadas polo comité clínico

15-04-2021 / Sanidade

Galicia segue avanzando con prudencia no seu modelo de apertura gradual coa adopción de novas medidas por parte do comité clínico : En vigor desde as 00,00 h do venres, 16 de abril -           Mantense o peche perimetral da Comunidade Galega -          O toque de queda pasa das 22,00 h ás 23,00 h Na hostalería Mantense o tope de apertura dos bares ás 21,00 h  Poderán...