fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 26 Mai 2020 11:17

Soutomaior abre as súas praias sen parcelas nin cita previa

Soutomaior abre as súas praias sen parcelas nin cita previa

Nin parcelas, nin quendas, nin citas por internet. O Concello de Soutomaior decidiu non establecer ningún tipo restrición para o uso dos seus areais ao entrar en vigor a Fase 2 da desescalada.

O Concello non ve viable instalar ningún tipo de limitación que garanta o acceso por parte de todos os veciños polo que decidiu abrir as súas praias cunha serie de recomendacións para os usuarios.

É necesario seguir unha serie de recomendacións sanitarias, como manter a distancia de seguridade de dous metros, reducir o tempo das estancias para evitar aglomeracións e a utilización de medidas de seguridade como máscaras.

Ademais, prohíbese a práctica de actividades deportivas e lémbrase que tanto as duchas como os lava pés non estarán dispoñibles durante todas as fases da desescalada.


Publicado en Sanidade
Visto 1313 veces