fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 20 Mai 2020 10:45

Uso da máscara obrigatoria

Uso da máscara obrigatoria

A partir do xoves 21 de maio, será obrigatorio o uso de máscara en interiores e exteriores onde non se poida garantir os dous metros de distanciamento pola pandemia de coronavirus.

Así, mediante a orde disponse, con carácter xeral, o uso obrigatorio de máscaras en persoas de seis anos en diante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros, sendo recomendable o seu uso para a poboación infantil de entre tres e cinco anos.

Opóñense excepción desta obrigación a aquelas persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada pola utilización da máscara e a aquelas cuxo uso se atope contraindicado por motivos de saúde ou discapacidade.

Así mesmo, o seu uso non será esixible no desenvolvemento de actividades que resulten incompatibles, tales como a inxesta de alimentos e bebidas, así como en circunstancias nas que exista unha causa de forza maior ou situación de necesidade.

O previsto nesta orde debe entenderse sen prexuízo da necesidade de seguir cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias relativas ao mantemento da distancia interpersoal, a hixiene de mans e resto de medidas de prevención.

 A obrigación a que se refire o apartado anterior mediante o uso de calquera tipo de máscara, preferentemente hixiénicas e cirúrxicas, que cubra nariz e boca.

 Observaranse, en todo caso, as indicacións das autoridades sanitarias acerca do seu uso.


Publicado en Sanidade
Visto 1511 veces