fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 15 Abril 2020 13:19

Distribución de mascarillas para colectivos de risco.

Distribución de mascarillas para colectivos de risco.

O Concello de Soutomaior pon en marcha o mecanismo para a distribución gratuíta de mascarillas ás persoas maiores de 70 anos e a outros colectivos de risco que como os que padezan problemas respiratorios ou cardíacos.

As mascarillas distribuiranse nas parroquias de Soutomaior e de Arcade segundo acordouse coas oficinas de farmacia.

Van destinadas a ofrecer unha protección barreira e a diminuír o risco de contaxio cando exista imposibilidade de manter distanciamento social.

Así mesmo o Concello de Soutomaior fornece a todos os comercios, que permanecen abertos segundo regula o decreto do estado de alarma, as máscaras de maneira gratuíta para que sexan usados polos empregados na súa atención ao público.


 


Publicado en Sanidade
Visto 1440 veces