Xoves, 12 Marzo 2020 10:13

Concello de Soutomaior: Medidas de prevención contra o coronavirus

Concello de Soutomaior: Medidas de prevención contra o coronavirus

 O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha as primeiras accións para previr a expansión da pandemia vírica do Covid-19 no municipio. A primeira medida é a suspensión temporal do Certame da Camelia, que se ía a celebrar o 21 e 22 así como a Carreira Infantil da Ostra do 29 deste mes, e paralizar a organización de novas actividades para evitar aglomeracións.

A pesar de que aínda non se detectou ningún caso no municipio estase en contacto permanente cos responsables de educación e sanidade para coñecer o estado dos protocolos propios postos en marcha e manter unha comunicación activa que permita reaccionar #ante un posible avance do virus. A próxima festividade local que podería resultar afectada é a XXXIV Festa da Ostra, que debería celebrarse os días 4 e 5 de abril, e cuxa celebración está agora mesmo pendente da evolución dos acontecementos e das recomendacións que as autoridades sanitarias emitirán os próximos días.

Ademais da suspensión de actividades, o Concello tamén decidiu instalar dosificadores con xel desinfectante en todas as dependencias e edificios municipais. Así, nos próximos días os usuarios da Biblioteca municipal, o Pavillón deportivo, a Casa do Concello e o Multiusos de Arcade dispoñerán de dispensadores cos que se mellorarán as condicións de hixiene para aumentar a súa seguridade.

As actividades deportivas municipais como as escolas deportivas seguen polo momento co seu desenvolvemento habitual en espera das instrucións das autoridades educativas e continuarán desta maneira mentres se manteña o desenvolvemento escolar habitual. En caso de suspenderse as clases tamén o farán as actividades municipais para escolares.

Desde o servizo de deportes da Deputación de Pontevedra comunican o cesamento temporal da actividade das Escolas Deportivas Provinciales de Patinaxe e Baloncesto ata novo aviso.

Por último, desde o Concello está a levarse a cabo unha campaña de concienciación a través das redes sociais e plataformas dixitais municipais lembrando como mellorar os nosos hábitos de hixiene para mellorar a prevención ante o contaxio.


Publicado en Sanidade
Visto 1431 veces

Sanidade

O novo centro de saúde será tres veces máis espazoso e contará con 15 profesionais

O novo centro de saúde será tres veces máis espazoso e contará con 15 profesionais

14-10-2022 / Sanidade

O Conselleiro de Sanidade reuniusehoxe co alcalde de Soutomaior para asinar o convenio de colaboración do novo centro de Saúde que se construirá en fronte ao IES Soutomaior. O conselleiro lembrou que o proxecto de Soutomaior é unha prioridade para a Consellería e que os plans para este novo espazo, que contará co triplo de metros cadrados que o actual...

Acordos do comité clínico da Xunta de Galicia

Acordos do comité clínico da Xunta de Galicia

29-12-2021 / Sanidade

O comité clínico acorda o peche dos locais de hostalería e restauración e do ocio nocturno: En vigor desde as 00,00 h do 30 de decembro e ata o 18 de...

Novo cribado COVID no Concello de Soutomaior

Novo cribado COVID no Concello de Soutomaior

24-08-2021 / Sanidade

O Concello de Soutomaior  acollerá un novo cribado masivo dirixido á poboación de entre 14 e 29 anos. Será con proba PCR e  levará a cabo o venres día 27 de agosto...

Coronavirus:Soutomaior pasa a nivel de restrición alta

29-07-2021 / Sanidade

Segun acordou o comité clínico o Concello de Soutomaior pasara a nivel ALTO de restriccións as 00:00 horas do día 31 de Xullo ( noite de venres a sábado) Cambio de...

Datos coronavirus

13-07-2021 / Sanidade

Ante a actual situación de novos casos activos, o Concello de Soutomaior volve informar os datos da incidencia acumulada nos últimos días e dos novos casos diagnosticados. Nos últimos días produciuse...

Soutomaior pasa a nivel medio de restricións

09-06-2021 / Sanidade

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19 acordou na súa reunión deste martes eleva as restricións no Concello de Soutomaior, que...

Cribado masivo no Concello de Soutomaior

04-06-2021 / Sanidade

Debido ao aumento de casos positivos no noso Concello nos últimos días o SERGAS decidiu realizar un cribado masivo. As probas para detectar contagios de coronavirus realizaranse a veciñ@s que teñan...

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media-baixa

21-05-2021 / Sanidade

O comité clínico que asesora á Xunta ante a pandemia de Covid acordou que o Concello de Soutomaior , despois de ver a evolución dos últimos casos activos, pase a...