fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 26 Novembro 2019 12:33

Charla Informativa sobre a enfermidade de Parkinson

Charla Informativa sobre a enfermidade de Parkinson

Mércores 7 de Novembro ás 18,00 h. – Multiusos de Arcade

O proxecto Parkinson Rural é unha iniciativa posta en marcha pola Federación Española de Parkinson, co apoio da Fundación ONCE, que trata de favorecer o empoderamento das persoas afectadas, familiares e persoas coidadoras, así como o desenvolvemento das súas competencias para afrontar a enfermidade de Parkinson, ademais de facilitar o manexo clínico e social da enfermidade e fomentar o desenvolvemento de redes de traballo e colaboración entre os axentes implicados.

Os datos apuntan a que algo máis do 30% das persoas con Parkinson de España viven en municipios de menos de 10.000 habitantes. Isto tradúcese en maiores dificultades e problemas no acceso á información e a recursos especializados, o que coloca a estas familias nunha situación de especial vulnerabilidade.

É moi importante facilitar a estas persoas información e orientación sobre a enfermidade, e presentarlles aos/as profesionais e asociacións de referencia para que poidan acudir a resolver as súas dúbidas.


Publicado en Sanidade
Visto 917 veces