fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 11 Xullo 2018 10:39

Doazón de sangue

Doazón de sangue

Estimados veciños e veciñas:

            Os hospitais precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os enfermos e diríxome a todos vos para que participedes nesta campaña solidaria.

            Podes doar sangue se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón de sangue:

 

ARCADE

LUNS 16 de XULLO

Unidade móbil na rúa Xosé Solla nº 2-4 (enfronte da farmacia)

10.00 a 14.00  16.00 a 21.00 horas

 

Non acudas sen almorzar e despois do xantar espera 2 horas. Non esquezas traer o DNI.

Informa ao médico da unidade móbil se estas a tomar algún medicamento.

 

Máis información http://ados.sergas.es

Twitter:@doadoressangueFacebook:https://www.facebook.com/doadoressangue

 

Soutomaior acadou unha taxa de 35 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2017, o obxetivo é incrementar a participación para chegar as cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes).

Queremosfacer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo cada día unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións e moitas persoas dependen da nosa solidariedade para recuperar a saúde.Grazas pola vosa colaboración.

 

 

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde de Soutomaior


Publicado en Sanidade
Visto 1009 veces