fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 28 Febreiro 2018 12:30

Aberto o prazo de inscrición

Concurso en lingua galega Verbas para comunicar 2018

Concurso en lingua galega Verbas para comunicar 2018

Achégase o día da conmemoración da lingua galega e o Concello de Soutomaior abre o prazo para participar no XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en contextos formais como informais, para que a se comuniquen en lingua galega e poidan expresar a través da nosa lingua emocións, sentimentos ou opinións. O concurso vai dirixido a mozos e mozas en idades comprendidas entre os 12 e 20 anos e conta con dúas modalidades: a de redacción e a audiovisual. A modalidade audiovisual incorporouse en 2017 co fin de promover a lingua galega tamén na tecnoloxía porque é un medio de comunicación moi utilizado pola mocidade e non se poden quedar atrás un espazo con tanta relevancia. Ademais, na modalidade audiovidual permítese presentar traballos en grupo polo que tamén se favorece así o traballo en equipo e se potencia o uso da lingua entre iguais.

O prazo de presentación de traballos finaliza o 4 de maio de 2018 ás 20.30 h na OMIX

As bases do concurso pode descargalas de abaixo, tamén están colgadas na web do Concello e tamén se poden pedir na OMIX. Tel. 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Publicado en Verbas para comunicar
Descargar adjuntos:

18-BASES-XI-Concurso-Verbas.pdf (1109 Descargas)

Información adicional

Visto 2919 veces