Luns, 21 Novembro 2016 17:05

Quedada para despedir o ano: festa Neón. Merca a túa entrada na OMIX

Quedada para despedir o ano: festa Neón. Merca a túa entrada na OMIX

O Concello de Soutomaior pon en marcha a actividade Quedada para despedir o ano: Festa Neón.

Esta proposta de dinamización xuvenil  forma parte do proxecto QUEDADA! para…  composto por unha seride de actividades lúdicas e de dinamización xuvenil destinadas á mocidade do municipio onde a principal liña de acción é o LECER E TEMPO LIBRE como espazo educativo e de aprendizaxe non formal. Vai dirixida a mozos e mozas a partir de 12 anos.

O proxecto que se enmarca dentro do Plan Municipal de Promoción da Información Xuvenil e Dinamización da Mocidade, trata de: ofrecer alternativas lúdicas, educativas e festivas para ocupar o tempo libre propiciando un lecer de calidade.

Esta proposta de carácter lúdico - festivo terá lugar o xoves 29 de decembro en horario de 18:30 a 21:30 h en Soutomaior, na Casa do Pobo da Pedreira. Para facer máis accesible a participación o Concello de Soutomaior porá autobuses de balde de ida e volta desde Arcade e desde diferentes puntos do Concello.  

Para poder acudir á quedada será imprescindible mercar a entrada previamente na OMIX (1€) porque o aforo é limitado. No momento de mercar a entrada darase toda a información sobre o servizo de autobuses: horarios e paradas.

Queremos que a mocidade participe desde o primeiro momento na Quedada, por iso, na entrada  aparece un código QR que unha vez escaneado co móbil serve para acceder a  web onde se poden pedir os temas: Pide unha canción

A programación para ese día está baseada no dinamismo e participación da mocidade a través de:

  • Sesión  - obradoiro de DJ
  • Obradoiro body paint
  • Concurso Bottle flip
  • Obradoiro mural fluor
  • Obradoiro de limonadas e refrescos fluor

E como nesta ocasión a Quedada será fluor crearemos unha atmósfera realmente especial con todo tipo de materiais fluorescentes que brilarán ao apagar as luces ou montar iluminacións específicas.

Máis información sobre o proxecto Quedadas! para...


Publicado en Quedadas! para...
Visto 6420 veces


Quedadas! para...

Este sábado 8 de abril, Quedada para ver…

05-04-2017 Quedadas! para...

Este sábado 8 de abril ás 21 h no Multiusos en Arcade temos unha nova QUEDADA! organizada polo Concello de Soutomaior.  Nesta ocasión a quedada será para ver unha peli de...

Quedada xuvenil para despedir o ano

26-12-2016 / Quedadas! para...

Xa faltan moi poucos días para a quedada do xoves 29 de decembro . Nesta ocasión como se trata de despedir o ano temos preparada unha actividade festiva onde a atmósfera fluor será o escenario para a realización de obradoiros de DJ, body paint, concurso de bottle flip, murais Neón, e moita música Para participar tes que ter 12 anos...

Quedada para despedir o ano: festa Neón. Merca a túa entrada na OMIX

21-11-2016 / Quedadas! para...

O Concello de Soutomaior pon en marcha a actividade Quedada para despedir o ano: Festa Neón. Esta proposta de dinamización xuvenil  forma parte do proxecto QUEDADA! para…  composto por unha seride de actividades lúdicas e de dinamización xuvenil destinadas á mocidade do municipio onde a principal liña de acción é o LECER E TEMPO LIBRE como espazo educativo e de aprendizaxe non formal...

Proxección da Peli "La visita", Samain 2016

28-10-2016 / Quedadas! para...

O Concello de Soutomaior celebra a Festa do Samaín este sábado 29 de outubro na Alameda Talorío de 17 a 20 h. Neste horario haberá un programa de actividades moi variado dirixido ó público infantil , xuvenil e adulto con obradoiros, animacións de rúa, contacontos, etc. E, as 21 h no Multiusos de Arcade proxectarase a película LA VISITA que trata...

Quedada para ver unha peli! SINSAJO 2

04-05-2016 / Quedadas! para...

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior dentro do seu programa de quedadas!, programa de lecer dirixido á mocidade, organiza para este sábado 7 de maio de 2016 ás 21 h a proxección da peli SINSAJO 2 da saga "Los Juegos del Hambre" A película é do xénero de aventuras e ciencia ficción e non está recomendada para menores de 12 anos. Duración: 137...

Quedada! para ver unha peli

08-03-2016 / Quedadas! para...

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior organiza para este sábado 12 de marzo ás 20 h no Multiusos en Arcade unha Quedada! nesta ocasión o motivo é para ver unha peli: DIVERXENTE. Esta película vai dirixida a público xuvenil e non está recomendada para menores de 12 anos.Sinopse: "DIVERGENTE" é un fascinante thriller de acción ambientado nun mundo futurista...

Os titulares de Xuventude

XIII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “ VERBAS PARA…COMUNICAR”

17-01-2020 / Verbas para... comunicar

Un ano máis, e xa  van trece, as mellores plumas novas de Soutomaior teñen ocasión de mostrar a súa valía no certame literario “ Verbas para…comunicar”. Organizado pola Concellería de...

Participa na comparsa municipal de Entroido!

16-01-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar na Comparsa Municipal de Entroido organizada pola Concellería de Xuventude. As inscricións estarán abertas ata o 6 Febreiro 2020 Nesta actividade...

Novos cursos de formación Xuventude

10-01-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca os cursos de formación que se desenvolverán durantes os meses de xaneiro e abril de 2020 dirixidos á xuventude e no que tamén poden participar...

Entrega de premios do XVIII Concurso de Postais de Nadal

23-12-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior entregou os premios do seu tradicional concurso de postais do Nadal. Un certame que este ano incluía unha nova categoría, a de felicitacións en formato audiovisual...