fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 11 Novembro 2015 11:43

Charla informativa programa Garantía Xuvenil

Charla informativa programa Garantía  Xuvenil

O Concello de Soutomaior, como centro autorizado dentro do programa de Garantía Xuvenil colabora coa Consellería de Traballo na organización dunha charla informativa dirixida á mocidade de 16 a 29 anos.

Esta charla servirá para informar e comunicar todas as vantaxes desta estratexia de emprego xuvenil, posta en marcha coa finalidade de colaborar na inserción laboral da xuventude para que este colectivo poida seguir formándose ou acceder a un posto de traballo. Son moitas as medidas que se inclúen neste programa que resulta moi interesante para estas persoas polo que animamos á mocidade do Concello a participar nesta charla que lle resultara moi interesante.

Data e hora: martes 24 de novembro de 2015 ás 17,00 h
Lugar: Multiusos, Arcade

Máis información: na OMIX, Centro Multiusos. R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior. Teléfono: 986700822, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Garantía Xuvenil
Visto 4310 veces