Organizado polo Concello de Soutomaior
en colaboración cos mozos e mozas do municipio.
 

 

 
 
 
Venres, 22 Setembro 2017 09:49

Inscricións en liña

III Festival de Cultura Urbana

III Festival de Cultura Urbana

As persoas afeccionadas ao BMX, Skate ou Hip-Hop, teñen unha cita ineludible este domingo 24 co III Festival de Cultura Urbana organizado polo Concello de Soutomaior. Un festival que pretende fomentar as formas de expresión cultural modernas entre as persoas novas e para iso encherá o Peirao de Arcade de música, baile, actividades e obradoiros culturais ademais de diversas demostracións e competicións deportivas de disciplinas tan novas como o parkour e o scooter.

A actividade comezará a partir das 11 da mañá cos primeiros obradoiros de Parkour e de personalización de gorras Trucker. Arredor das dúas da tarde, tras confirmar todas as inscricións para as competicións, comezarán os primeiros adestramentos libres supervisados e mostras de danza. Ás catro comezarán os obradoiros de Skate, Grafiti e Danzas rueiras ademais da competición Arcade Jam, que inclúe os campionatos de BMX e Scooter.

Arredor das nove da noite comezará a sesión musical, que contará coa participación de dúas DJ´s, e a demostración de Turntablism, unha forma de expresión musical que consiste en arranxar ou crear música mediante efectos de son e manipulación das rutinas de rotación e lectura dos discos de vinilo. A participación en todos os eventos é totalmente de balde e só é preciso rexistrarse a través do seguinte enlace ata o propio día 24.

A iniciativa xurdiu de varios grupos xuvenís locais afeccionados á música e á práctica deportiva de BMX interesados en promover actividades e afeccións entre as persoas máis novas do municipio para dar a coñecer as características da cultura urbana moderna. 


Información adicional

Visto 3035 veces


Festival de Cultura Urbana

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2…

09-10-2019 Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao...

IV Festival de Cultura Urbana

11-09-2018 / Festival de Cultura Urbana

Remata o prazo para inscribirse nas actividades do IV Festival de Cultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o campionato de BMX e Scooter ata obradoiros de parkour, graffiti e personalización de gorrar trucker. Todas estas actividades desenvolveránse durante unha xornada na que tamén haberá moita música, danza...

Domingo 1 de xullo. Cultura Urbana e Arcade JAM 2018

13-06-2018 / Festival de Cultura Urbana

Ábrese o prazo para inscribirse nas actividades do Festival de Ciultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o campionato de BMX e Scooter ata obradoiros de parkour, graffiti e personalización de gorrar trucker. Todas estas actividades desenvolveránse durante unha xornada na que tamén haberá moita música, danza urbana...

Festival Cultura Urbana CANCELADO

19-10-2017 / Festival de Cultura Urbana

AVISO CANCELACIÓN. O III Festival de Cultura Urbana previsto para este venres 20 de outubro cancélase definitivamente por causas metereolóxicas. O día 24 de setembro tivo que aplazarse pola choiva e a nova data ía ser este venres pola tarde. Todas as actividades pendentes estaban organizadas pero a previsión do tempo é mala. Desde o Concello sentimos moito que este ano o...

III Festival de Cultura Urbana

22-09-2017 / Festival de Cultura Urbana

As persoas afeccionadas ao BMX, Skate ou Hip-Hop, teñen unha cita ineludible este domingo 24 co III Festival de Cultura Urbana organizado polo Concello de Soutomaior. Un festival que pretende fomentar as formas de expresión cultural modernas entre as persoas novas e para iso encherá o Peirao de Arcade de música, baile, actividades e obradoiros culturais ademais de diversas demostracións...

III Festival de Cultura Urbana, 2017

13-09-2017 / Festival de Cultura Urbana

Ábrese o prazo de inscrición para participar na Arcade JAM e nos Obradoiros que compoñen o programa deste ano do III Festival de Cultura Urbana 2017 organizado polo Concello de Soutomaior en colaboración cos mozos e mozas do municipio. O festival este ano realizarase o domingo 24 de setembro durante todo o día a partir das 11 da maña no...