fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 20 Setembro 2016 21:52

Resultados do II Festival Cultura Urbana

Participantes e gañadores recibiron diplomas do alcalde Agustín Reguera. Participantes e gañadores recibiron diplomas do alcalde Agustín Reguera. / Foto: Xuventude Soutomaior

Trala celebración do Festival de Cultura urbana que tivo lugar o sábado 17 de setembro nas inmediacións do Peirao de Arcade e no Multiusos o Concello de Soutomaior quere agradecerlle á mocidade do municipio e arredores a súa implicación e participación en toda a programación do evento. Foron máis de 50 mozos e mozas os/as que participaron nas diferentes actividades programadas para ese día: graffiti, parkour, danza urbana e campionato de BMX e Scooter.

Os resultados da ARCADE JAM pódense descargar no enlace: http://www.soutomaior.com/actualidade/omix/resultados_arcade_jam.pdf

Para ter unha visión sobre o vivido durante este evento e o aprendido nos diferentes obradoiros durante ese día de intensa actividade, pódese visitar a galería fotográfica no enlace: https://goo.gl/photos/qACAx6QAVkkV8jno7

Queremos agradecer tamén a colaboración da Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Redondela, a TV Soutomaior e ó resto de persoas voluntarias polo apoio loxístico prestado.


Visto 6668 veces