fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 15 Setembro 2016 18:37

Vídeo anuncio do Festival de Cultura Urbana, Soutomaior 2016

Instantánea dun momento do I Festival. Instantánea dun momento do I Festival. / Foto: Concello de Soutomaior

O II Festival CULTURA URBANA realizarase este SÁBADO 17 DE SETEMBRO (Peirao de Arcade) a partir das 11,00 h

Á espera do gran día a mocidade do Concello xa está preparándose para o evento e, proba disto, é que xunto cun grupo de mozos o Concello de Soutomaior en contando coa colaboración de TV Soutomaior presenta en formato vídeo un avance do Festival con testimonios, música e imaxes relativas ao festival:

https://www.youtube.com/watch?v=L8bhK1sbilw&feature=share
https://www.facebook.com/xuventude.soutomaior/?fref=ts

Os mozos e mozas que participen neste festival poderá asistir de balde as seguintes actividades: 

  • GRAFFITI
  • DANZA URBANA co colectivo BEEHIVE PARKOUR
  • CAMPIONATO DE BMX E SCOOTER: RODANDO ARCADE JAM
  • E, para rematar: CONCERTO: RAP A GOLPE DE BEATBOX

As prazas son limitadas polo que haberá que inscribirse previamente na OMIX antes do sábado no Multiusos (Arcade) Na web www.soutomaior.com pódese descargar o programa, as bases do campionato e os formularios de inscrición xunto con toda a información do Festival.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Descargar adjuntos:

bases_jam.pdf (1036 Descargas)
Visto 4619 veces

Medios

Soutomaior II Festival Cultura Urbana TV Soutomaior