Luns, 20 Xuño 2016 19:28

Exposición " Os/as nosos/as artistas" Escola Municipal de Debuxo e Pintura

Exposición " Os/as nosos/as artistas" Escola Municipal de Debuxo e Pintura

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior inaugurou este venres pasado (17 de xuño) a exposición "Os nosos/as artistas" coa que se pecha o curso da escola Municipal de Debuxo e Pintura. Nesta exposición participan 29 alumnos/as de todas as idades a partir dos 5 anos. Na exposición pódense ver obras moi variadas: desde acrílicos en papel ou lenzo ata óleos ou acuarelas, realizadas durante todo o curso que comezou en outubro e rematou neste mes de xuño. A exposición reflicto o percorrido realizado polo alumnado durante todo o curso e os seus avances pois cada persoa expón un par de obras, como mínimo.

A exposición poderá visitarse no Multiusos ata  o 30 de xuño de 2016. 

A edil de Xuventude, Noelia  Ocampo, quere agradecerlle a todo o alumnado o traballo realizado e sobre todo a súa implicación e participación nesta actividade que cada ano cobra unha maior importancia. É grazas a eles e a elas que podemos seguir fomentando actividades de índole artística e creativa para que a xuventude poida expresar os seus intereses e motivacións.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o seguinte curso que se iniciará en outubro.

As fotos do Festival Danzarte xa se poden descargar na web https://picasaweb.google.com/103382886082081099635?noredirect=1


Visto 3510 veces


Escola Municipal de Debuxo e Pintura

Os/as nosos/as artistas. Exposición da E…

07-06-2019 Escola Municipal de Debuxo e Pintura

O Concello de Soutomaior rematou as clases da Escola Municipal de Debuxo e Pintura deste cursos 2018/2019 agora no mes de maio. O programa do curso foi moi variado e...

Exposición "Os/as nosos/as artistas"

20-06-2017 / Escola Municipal de Debuxo e Pintura

A exposición OS/AS NOSOS/AS ARTISTAS está composta por material moi variado elaborado durante o curso polo alumnado da Escola Municipal de Debuxo e Pintura organizada pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior. Participan nesta exposición un total de 32 persoas presentando os seus traballos realizados con diversas técnicas: acuarelas, acrílicos, lápiz, carbón, rotulador, barro, etc. A mostra poderá visitarse...

Exposición " Os/as nosos/as artistas" Escola Municipal de Debuxo e Pintura

20-06-2016 / Escola Municipal de Debuxo e Pintura

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior inaugurou este venres pasado (17 de xuño) a exposición "Os nosos/as artistas" coa que se pecha o curso da escola Municipal de Debuxo e Pintura. Nesta exposición participan 29 alumnos/as de todas as idades a partir dos 5 anos. Na exposición pódense ver obras moi variadas: desde acrílicos en papel ou lenzo...

Os titulares de Xuventude

Novas actividades!

13-08-2021 / Xuventude

Hoxe abrimos o prazo de inscrición en liñas nas escolas municipais de debuxo e pintura, de teatro e no curso de preparación das probas B1 inglés. https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Remata o campo de voluntariado "Soutomaior fai Camiño"

28-07-2021 / Xuventude

Tras 12 días de actividade intensiva as persoas participantes no Campo de Voluntariado promovido pola Dirección Xeral de Xuventude (Xunta de Galicia) en colaboración co Concello de Soutomaior chega ó...

Mantente en forma no verán! Aquagym, bailes variados, bailes do mundo.

06-07-2021 / Xuventude

Esta semana o Concello de Soutomaior comezou con este programa que ten como finalidade ofertar actividades variadas mediante as cales poidamos facer exercizo físico e manternos en forma durante a...

Encontro da mocidade "Influensers polo cambio". Inscricións a partir do 7 de xullo.

02-07-2021 / Xuventude

A proposta deste ano xira arredor de tres eixos centrais cos que Soutomaior quere achegar á mocidade participante á Arte Transmedia (Storytelling a través de disciplinas artísticas escénicas, plásticas e...