fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 15 Xullo 2015 10:35

Encontro da Mocidade 2015: Fantastic...Soutomaio

Encontro da Mocidade 2015: Fantastic...Soutomaio

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior organiza un campamento con pernocta que leva por título "Encontro da Mocidade: Fantastic Soutomaior" para os días 10,11 e 12 de agosto. Esta é unha actividade de tres días consecutivos con acampada. Intensa, en clave de humor e cargada de ironía onde os mozos e mozas participantes vivirán unha experiencia inolvidable chea de aventuras e sorpresas parodiando series televisivas de éxito entre a mocidade. Esta parodia servirá para traballar coa mocidade valores como a solidariedade, o traballo en equipo, a convivencia o respeto, respeto á natureza e a igualdade. A temática será o punto de partida para o análise da nosa realidade social máis mediática usando como metodoloxía o xogo, as técnicas culinarias e creativas, o deporte, a interacción co medio natural, as actividades lúdicas e de tempo libre, etc. O equipo de monitores/as ten unha gran bagaxe profesional no eido do tempo libre e cunha ampla experiencia en campamentos lúdicos á par que formativos.

As persoas inscritas participarán en actividades diversas, creativas e moi interactivas onde cada participante terá que aportar ao grupo o seu gran de area.

A pernocta realizarase no campo de Futbol do Salgueirón en Arcade. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ou solicitar máis información na OMIX antes do día 24 de xullo de 2015 en horario de luns a venres de 9 a 14 h. 

A Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo González, acompañada pola Concelleira de Educación, Fátima Vidal,presentaron esta actividade no centro Multiusos en Arcade, e aproveitaron tamén para presentar o resto de actividades programadas para este verán entre as que se destacan: un bautismo de surf a praia de Patos en Nigrán, visita á Illa de San Simón en Kaiak, Bailes veraniegos no Peirao de Arcade, festival de cultura urbana, etc.

O CONCELLO


Publicado en Encontro da Mocidade
Visto 3248 veces