fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 31 Mai 2017 13:18

Encontro da Mocidade: San Simón 2017

Encontro da Mocidade: San Simón 2017

Este martes 30 de maio as 50 prazas ofertadas para o encontro cubríronse. A partir desta data todas as persoas que se inscriban pasarán a formar parte da lista de agarda. As persoas que desexen estar nesta lista por si hai algunha baixa poderán facelo entregando a inscrición na OMIX e non será necesario realizar o pagamento bancario ata que se lles confirme si finalmente teñen praza.

Se hai máis solicitudes que prazas abrirase unha lista de agarda coas persoas interesadas. As baixas soamente se cubrirán ata o primeiro día de actividade e iranse chamando seguindo os criterios anteriores de admisión. Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida deberase efectuar o pagamento no prazo establecido. Sen non se puidese contactar coa persoa interesada ou esta non efectuase o pagamento en prazo será dada de baixa e contactarase coa seguinte persoa na lista de agarda.” Ref. Documento de información xeral da actividade.

Ás persoas inscritas comunicaráselles a obtención de praza definitiva  unha vez comprobados e verificados todos os datos a partir do 30 de xuño.

Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto con nós na OMIX, 986700822 ou ben en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Encontro da Mocidade
Visto 2079 veces