Un ano máis o Concello de Soutomaior e a Xunta de Galicia convocan no Concello de Soutomaior o proxecto DESEÑANDO O TEU FUTURO dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e 18 anos. Trátase dun programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito sociolaboral mediante o desenvolvemento de estadías–visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas e privadas, facilitando, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional. Participaron neste proxecto 15 mozos e mozas do municipio.
Na primeira fase do proxecto participaron como grupo en actividades complementarias e visitas a empresas de diversa índole. Empresas públicas e privada que achegaron o seu día a día a este grupo de mozos e mozas mediante charlas, mesas redondas, actividades participativas, visitas, etc.
As empresas que participaron nesta primeira fase foron:
-
CONCELLO DE SOUTOMAIOR.
-
ESPAZO ARROELO
-
CULLER DE PAU E HORTA DE ADELINA
-
AULA DE NATUREZA A XESTEIRA
-
KEYSROOM
Durante a segunda fase do proxecto os e as participantes xa tiveron ocasión de realizar estadías individuais en empresas escollidas polo Concello tendo en conta os seus intereses profesionais e os seus perfiles. Aquí participaron:
-
ESTUDO BONOBO PONTEVEDRA
-
ARA FORMACIÓN
-
LUDOTECA BRICANDEIRA ARCADE
-
ESPAZO ARROELO
-
CLINICA VETERINARIA A FAROLA
-
LA CANALLA
-
CLINICA VETERINARIA SANTA MARIÑA REDONDELA
-
COLEXIO SANTIAGO APOSTOL
-
ESCOLA INFANTIL PONTE PASITOS PONTEVEDRA
-
FARMACIA EUGENIA PRESAS
-
RESTAURANTE RINCÓN MEXICANO PONTEVEDRA
-
BULE PARK PONTEVEDRA
-
XIMNASIO CLUBE ARCADE
Na fase final participou a empresa "Ci+ Creatividade e estimulación da aprendizaxe" que guiou o proceso final de reflexións e conclusións levando a cabo a actividade " Visibilizando un presente con moito futuro".
A todas elas queremos agradecer a súa colaboración e participación activa no proxecto facendo posible os soños destes mozos e mozas. Acompañándoos e guiándoos neste camiño iniciado para o seu desenvolvemento persoal, académico e profesional.
As persoas que desexedes coñecer máis sobre esta experiencia podedes ver o vídeo no que participan os mozos e mozas inscritos.