“Deseñando o teu futuro” é un proxecto de educación non formal de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles axude a tomar decisión sobre o seu futuro profesional.
Obxectivos:
- Aproximación dos/as mozos/as ás distintas tipoloxías de postos de traballo existentes no mercado laboral.
- Axudar á mocidade na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “ a realidade da empresa” previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.
- Achegar aos mozos e mozas ao mundo sociolaboral.
- Apoiar aos mozos e mozas participantes en actividades de formación para adquirir coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.
- Ofrecer á mocidade unha experiencia de educación non formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias.
Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos no momento de presentar a solicitude.
Prazas: 20 participantes.
Sectores: Público - Concello de Soutomaior (Deportes, Biblioteca, Animación Sociocultural, obras, administración xeral,…), mecánica, deseño gráfico, mantemento e limpeza, restauración e turismo, servizos sociais, formación, entretemento, etc. Coa inscrición as persoas escollerán nos que están interesados/as.
** O listado de empresas/entidades públicas ou privadas poderá consultarse na OMIX.
Ámbito xeográfico onde radican os centros de traballo para a realización das estancias -visitas: Concello de Soutomaior e arredores (Vigo, Pontevedra,…). Dependerá do sector elixido.
Datas de realización das estadías-visitas: mes de xullo e mes de setembro de 2016
Duración das estadías-visitas: entre 9 e 12 días hábiles. De luns a venres, cunha duración máxima de 20 horas semanais. Un día á semana será adicado á realización de actividades culturais – deportivas, sesións formativas sobre aspectos sociolaborais e avaliación e seguimento da experiencia. Dependendo do sector e do tipo de actividade os horarios poden ser tamén en fins de semana.
Cobertura:
- Centro de traballo para a realización da estadías-visita.
- Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima e de accidentes.
- Titor/a durante a realización da estadías-visitas.
- Gastos de desprazamentos e manutención (6€/día)
- Preparación: formación de competencias sociolaborais (presentación na empresa, traballo en equipo, comunicación, seguridade nas tarefas, etc.). Trámites administrativos.
A realización destas estadías-visitas por parte dos mozos e mozas non implicarán en ningún caso relación laboral ou contractual coa Consellería de Política Social nin co Concello de Soutomaior.
A empresa na que o/a mozo/a realice a estadías-visitas non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co participante que realice as actividades formativas non laborais mentres dura o programa.
Cada participante asinará co Concello un compromiso de participación para a estancia formativa de estadías-visitas formativas non laborais no marco do proxecto “Deseñando o teu futuro”.
Selección: as prazas cubriranse por orde de inscrición. Xunto coa solicitude deberán aportar o correspondente permiso paterno/materno ou titor/a legal. A non presentación do referido permiso será causa da perda da praza.
O prazo de inscrición para a mocidade: aberto ata o 17 de xuño de 2016 ás 20,30 h na OMIX ou ata crubrir prazas.
AS EMPRESAS: para o desenvolvemento deste programa o Concello xa conta con varias empresas nas que participarán os mozos e mozas, entre as cales tamén está o Concello de Soutomaior. As entidades de acollida poden ser empresas públicas ou privadas, asociacións e entidades que desexen participar no programa e axudar á mocidade a elixir o seu futuro mediante unha experiencia non formal. Polo tanto, calquera empresa ou entidade pode aportar o seu gran de area neste proxecto simplemente entregando na OMIX o acordo de colaboración asinado e selado.
Para máis información: na OMIX, Multiusos (Arcade) ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tel. 986 700 822