Venres, 29 Abril 2016 16:27

Deseñando o teu futuro! visitas en empresas

Deseñando o teu futuro! visitas en empresas

“Deseñando o teu futuro” é un proxecto de educación non formal de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia  para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles axude a tomar decisión sobre o seu futuro profesional.

Obxectivos:

  • Aproximación dos/as mozos/as ás distintas tipoloxías de postos de traballo existentes no mercado laboral.
  • Axudar á mocidade  na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “ a realidade da empresa” previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.
  • Achegar aos mozos e mozas  ao mundo sociolaboral.
  • Apoiar aos mozos e mozas participantes en actividades de formación para adquirir coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.
  • Ofrecer á mocidade unha experiencia de educación non formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias.

Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos no momento de presentar a solicitude.

Prazas: 20 participantes.

Sectores: Público  - Concello de Soutomaior (Deportes, Biblioteca, Animación Sociocultural, obras, administración xeral,…), mecánica, deseño gráfico, mantemento e limpeza, restauración e turismo, servizos sociais, formación, entretemento, etc. Coa inscrición as persoas escollerán nos que están interesados/as.

** O listado de empresas/entidades públicas ou privadas poderá consultarse na OMIX.

Ámbito xeográfico onde radican os centros de traballo para a realización das estancias -visitas: Concello de Soutomaior e arredores (Vigo, Pontevedra,…).   Dependerá do sector elixido.

Datas de realización das estadías-visitas: mes de xullo e mes de setembro de 2016

Duración das estadías-visitas: entre 9 e 12 días hábiles. De luns a venres, cunha duración máxima de 20 horas semanais.   Un día á semana será adicado á realización de actividades culturais – deportivas, sesións formativas sobre aspectos sociolaborais e avaliación e seguimento da experiencia. Dependendo do sector e do tipo de actividade os horarios poden ser tamén en fins de semana. 

Cobertura:

  • Centro de traballo para a realización da estadías-visita.
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima e de accidentes.
  • Titor/a durante a realización da estadías-visitas.
  • Gastos de desprazamentos e manutención (6€/día)
  • Preparación: formación de competencias sociolaborais (presentación na empresa,  traballo en equipo, comunicación, seguridade nas tarefas, etc.). Trámites administrativos.

A realización destas estadías-visitas por parte dos mozos e mozas non implicarán en ningún caso relación laboral ou contractual coa Consellería de Política Social nin co Concello de Soutomaior.

A empresa na que o/a mozo/a realice a estadías-visitas non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co participante que realice as actividades formativas non laborais mentres dura o programa.

Cada participante asinará co Concello un compromiso de participación para a estancia formativa de estadías-visitas formativas non laborais no marco do proxecto “Deseñando o teu futuro”.

Selección: as prazas cubriranse por orde de inscrición. Xunto coa solicitude deberán aportar o correspondente permiso paterno/materno ou titor/a legal. A non presentación do referido permiso será causa da perda da praza.

O prazo de inscrición para a mocidade:  aberto ata o 17 de xuño de 2016 ás 20,30 h na OMIX ou ata crubrir prazas.

AS EMPRESAS: para o desenvolvemento deste programa o Concello xa conta con varias empresas nas que participarán os mozos e mozas, entre as cales tamén está o Concello de Soutomaior.  As entidades de acollida poden ser empresas públicas ou privadas, asociacións e entidades que desexen participar no programa e axudar á mocidade a elixir o seu futuro mediante unha experiencia non formal. Polo tanto, calquera empresa ou entidade pode aportar o seu gran de area neste proxecto simplemente entregando na OMIX o acordo de colaboración asinado e selado.

Para máis información: na OMIX, Multiusos (Arcade) ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tel. 986 700 822

 


Visto 3614 veces

Deseñando o teu futuro

Fomentamos a empregabilidade dos/as mozos/as do Concello con ‘Deseñando o teu...

Fomentamos a empregabilidade dos/as mozos/as do Concello con ‘Deseñando o teu...

19-07-2022 / Deseñando o teu futuro

O programa ‘Deseñando o teu futuro’ empezou a semana pasada. O obxectivo é que un grupo de mozos/as do Concello explore os seus intereses e talentos a través dun programa...

Cumplíuse o programa "Deseñando o teu futuro"

23-10-2017 / Deseñando o teu futuro

Un ano máis o Concello de Soutomaior e a Xunta de Galicia convocan no Concello de Soutomaior o proxecto DESEÑANDO O TEU FUTURO dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e 18 anos. Trátase dun programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito sociolaboral mediante o desenvolvemento de estadías–visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas e...

Deseñando o teu futuro. Últimas Prazas!

04-07-2017 / Deseñando o teu futuro

É un proxecto de educación non formal de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación. Organizado polo Concello de Soutomaior e a Xunta de Galicia. Destinatarios/as: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e...

Deseñando o teu futuro 2017

27-06-2017 / Deseñando o teu futuro

O Concello de Soutomaior participa un ano máis no proxecto DESEÑANDO O TEU FUTURO. Trátase dun proxecto de educación non formal da Xunta de Galicia de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas  para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles...

Arrancamos coas estadías do programa Deseñando o teu futuro

12-07-2016 / Deseñando o teu futuro

Este luns 11 de xullo os mozos e mozas que participan neste programa de educación non formal organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, en colaboración co Xunta de Galicia, inician as súas estadías nas empresas concretas. Estas empresas foron seleccionadas tendo en conta as súas motivacións e intereses profesionais para que esta experiencia os/as aproxime a unha...

Programa educativo “deseñando ou teu futuro”

05-07-2016 / Deseñando o teu futuro

O Concello de soutomaior presenta o seu programa educativo “deseñando ou teu futuro” 30 mozos do municipio entrarán en contacto co mundo laboral nun proxecto piloto que pretende facilitarlles a elección da súa futura profesión O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, presentou esta mañá o novo proxecto educativo organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Soutomaior . O programa está...