fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 21 Xuño 2017 13:06

Un día polas sendas da pesca. Roteiros medioambientais

Un día polas sendas da pesca. Roteiros medioambientais

O pasado domingo 18 de xuño o Concello de Soutomaior realizou o derradeiro roteiro previsto para antes do verán "Polas sendas da pesca". Neste roteiro as persoas que participaron puideron coñecer da man dunha guía medioambiental as especies que habitan nos nosos ríos e as plantas que medran nas súas beiras. Durante este roteiro puideron disfrutar da gran diversidade dos nosos ríos pero tamén do gran patrimonio que neles existe como os muíños ou os antigos camiños de pedra que unían os barrios. E, como non, tamén puideron disfrutar dun baño nunha zona tranquila do río Oitavén.

A información sobre este programa e as vindeiras convocatorias pode consultarse en:

www.soutomaior.com
www.gabinetesoutomaior.com


Visto 1684 veces