fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 29 Mai 2017 18:47

Roteiro "Polas sendas da pesca". Domingo 18 de xuño

Roteiro "Polas sendas da pesca". Domingo 18 de xuño / Foto: https://www.youtube.com/watch?v=xtgG6Pih0-o&t=41s

O Concello de Soutomaior continúa coa axenda do programa "Roteiros medioambientais: coñece o teu concello e arredores". Este pasado domingo as persoas que participaron tiveron a oportunidade de achegarse ao barrio de aranza e coñecer algúns dos seus recunchos máis segredos.

O vindeiro roteiro realizarase o domingo 18 de xuño . Polas sendas da pesa é un roteiro que comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitavén. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río.

  • Características: 4,8 kms. Dificultade media; desnivel suave. Circular. Terreo irregular. Nalgún momento hai que esquivar algunha ramallada ou dar un pequeno salto para pasar algún pequeno obstáculo. Algún tramo pequeno de asfalto. Aconséllase calzado de camiñar e resistente á auga e roupa de baño.
  • Ferramentas: mapa
  • Hora: 10:30 - 13:30 
  • Inicio: Casa de pescadores, en Sobral. 
  • Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días  antes de cada roteiro na OMIX  - Multiusos (Arcade) ou ata cubrir prazas. Para inscribirse haberá que presentar a solicitude na OMIX fisicamente ou ben enviala por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. pero IMPORTANTE que veña asinada.

Lembramos que as prazas son limitadas e xa se están acabando!!

Ás persoas inscritas comunicaráselles a adxudicación de praza o venres pola tarde por teléfono e as indicacións necesarias para realizar o roteiro.

Máis información no teléfono 986 700 822


Descargar adjuntos:

2017-inscricion-roteiros-medioambientais.pdf (801 Descargas)
Visto 1824 veces