Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas.
Este tipo de iniciativas teñen moi boa aceptación entre a veciñanza e pretenden ofrecer unha alternativa de lecer cultural e saudable ás familias.