fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 18 Outubro 2021 08:56

Novos Roteiros!

Novos Roteiros!

Soutomaior inicia a nova proposta para este trimestre do programa Roteiros medio ambientais: Coñece o teu Concello e arredores. Comezamos este domingo 24 de outubro co ROTEIRO MICOLÓXICO POLOS MONTES DE ARCADE-SOUTOMAIOR. Iniciaremos a actividade cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo, cogomelo, hifa, micelio, espora,...Reprodución. Nutrición: formas de vida. Partes dun cogomelo. Aspectos ecolóxicos: climatoloxía e épocas de frutificación (factores que inflúen no desenvolvemento e frutificación dos fungos), influencia do tipo de terreo, hábitats). Principais especies comestibles e velenosas que se poden atopar en Galicia en outono. Con esta explicación estaremos preparadas e preparados para a segunda parte da xornada que consistirá en saír en grupo a recoller cogumelos polos montes de Arcade e Soutomaior,. Partiremos do Multiúsos en coches facendo grupos para achegarnos ás zonas de monte seleccionadas previamente polo experto. que guiará a actividade, Jaime Blanco da Asociación Micolóxica Brincabois.

As prazas son limitadas e as inscricións realizaranse previamente en liña ata o venres 22 de outubro ás 14.00 h. Roteiro Micolóxico polos montes de Arcade-Soutomaior - 2021 (gabinetesoutomaior.com)

A segunda cita deste programa será o domingo 7 de novembro para realizar un roteiro fóra do noso municipio pero que ten un gran valor patrimonial e medio ambiental polos “MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN” . Este roteiro percorre os 67 muíños hidráulicos do Folón e do Picón, no concello do Rosal. Declarados Ben de Interese Cultural (BIC) polos seus valores patrimoniais materiais e inmateriais, os muíños que compoñen este conxunto datan dos séculos XVII e XVIII. Neste roteiro circular descubriremos un rico patrimonio etnográfico, unha contorna natural de impresionantes vistas e unha paisaxe dominada polos contrastes da montaña e o val do Miño. O roteiro será guiado por Patricia Muñoz, guía oficial de Amodo turismo,  e contará con diversas paradas interpretativas nos puntos de maior interese patrimonial, natural e paisaxístico. Historia do lugar e da moenda. Funcionamento dos muíños: aspectos tanxibles (pezas, enxeños) e intanxibles (formas de propiedade, dereitos, etc.. Contorna natural. Adaptación dos muíños á paisaxe. Patrimonio cultural asociado aos muíños. Legado vivo: os últimos muiñeiros/as.

As prazas son limitadas e as inscricións serán enn liña ata o venres 29 de outubro ás 14 h en Roteiro "Muiños do Folón e do Picón" - 2021 (gabinetesoutomaior.com)

Para saber máis sobre as características destes dous Roteiros consultade a información xeral de cada ficha na que tamén atoparedes horarios, características e material recomendado para asistir.

Máis información na OMIX, Tel. 986700822 - 638822868 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 


Visto 869 veces