Mércores, 13 Xuño 2018 11:40

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas sesións, unha primeria que se realizará o martes 26 de xuño na Carballeira de Arcade durante ca cal se prepararán a modo de obradoiro deseño da campaña informativa sobre os malos usos dos resisuos e a segunda sesión que se realizará o domingo 15 de xullo xa será a acción de campo na que irremos ata a praia da Ponte Colgante para informar ás persoas sobre o custe que ten para o medio ambiente deixar lixo nas praias e na natureza e o que estes residuos tardan en descompoñerse. Tamén se colorán so carteis da campaña na que se poderá acceder a moita información sobre este tema. 

As persoas interesadas podes anotarse a través da inscrición en liña : http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina/eventodetalle/1595/accion-2-hoxe-imos-informar-e-concienciar

As prazas son limitadas. As persoas que xa son voluntarias do programa  de voluntariado soamente terán que inscribirse na segunda acción. As persoas que son novas terán ademais de inscribirse que presentar copias do acordo de colaboración de voluntariado.

Para recibir máis información sobre este programa podedes chamar á OMIX, Tel. 986700822 ou ben por correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 


Visto 243 veces

Os titulares de Educación

Campamento de inmersión lingüística nos Peares.

14-09-2018 / Educación

 30 moz@s do Concello de Soutomaior aprenden inglés no campamento de inmersión lingüística do concello.  A actividade leva a cabo no pobo ourensán de Os Peares, na confluencia dos ríos Miño...

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

11-09-2018 / Educación

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...