fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 26 Mai 2017 10:22

Recibimento a deportistas

Recibimento a deportistas

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu na casa do Concello ás xovenes ximnastas locais Aldara, Rita, Antia e Rosalia, acompañadas das súas adestradoras Julia e Susana, polos seus éxitos no Campionato de España e entregoulles un obsequio en agradecemento aos seus triunfos e felicitounas polo seu traballo, esforzo e dedicación nun deporte tan duro e esixente como é a ximnasia.

No campionato de España celebrado en Guadalajara, Aldara Cabaleiro proclamouse campiona de España Alevín na modalidade parella feminina, Rita Lorenzo tamén subiu ao alto do podio na categoría cadete parella mixta e por último Antia Soñora e Rosalia Lorenzo foron subcampionas na categoría alevín en trio feminino.

Estas deportistas iniciaron a súa aprendizaxe nas Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica do Concello de Soutomaior como paso inicial para despois encadrarse dentro dun club e seguir competindo a maior nivel que é o obxectivo das Escolas Deportivas Municipais.

Parabén a todas elas ás súas adestradoras e ao Club Treboada de Ximnasia que é o encargado de supervisar a iniciación de deportistas nas Escolas Deportivas de Soutomaior.


Publicado en Escolas Deportivas
Visto 3768 veces