fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 24 Xullo 2015 11:16

Actividades de Verán 2015 - Semana Final (5ª)

Actividades de Verán 2015 - Semana Final (5ª)

As Actividades de Verán 2015 - Concello de Soutomaior - Semana Final (5ª)

As actividades de verán do Concello de Soutomaior onde participan 376 nenos dende o 1 de xullo entra xa na súa semana final.

Este fin de semana (venres, sábado e domingo) os grupos D y E gozan da acampada que este ano é ao lado da Casa do Pobo de Lourido.

Dentro xa da última semana os grupos dos máis pequenos A,B e C terán a oportunidade de iniciar os seus primeiros contactos coa hípica e desprazaranse á Hípica Amazonas o luns e martes e á súa vez o xoves haberá unha actividade de contacontos con " o galo Manolo" na casa da cultura de Soutomaior.

O grupo C (8,9,10 anos) desprazaranse tamén á hípica o venres terán unha actividade titulada "A volta ao mundo" unha gimkana que percorrerá de xeito virtual Exipto, Xapón e Hawai.

O Grupo D desprazarase durante todo o día ao parque acuático "Aquapark".

O grupo dos maiores "E" de 12,13,14 e 15 anos, empezase a semana con "Xeocaching" unha proba de orientación por medio de compases e dun programa que se descarga no móbil.

O venres este mesmo grupo realizase unha gimkana tenebrosa no Castelo de Soutomaior.

Como peche a estas actividades de verán, o sábado día 1 a partir das 21,30 horas no Peirao de Arcade terá lugar o Festival de Clausura onde a compañía MDM teatro poñerá no escenario a comedia infantil "Trufaldino, servidor de dos amos,".

Como remate final se proxectará un video resumo das actividades e entregáseselles aos participantes un recordó.


Visto 2206 veces