fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Xuño 2017 13:48

Inicio actividades de Verán 2017

Inicio actividades de Verán 2017

O Concello de Soutomaior pon en marcha este luns as actividades de verán de 2017 onde participarán máis de 300 nenos e nenas.

A primeira semana das actividades, que servirán de contacto entre participantes e monitores, iniciarase o luns 3 de Xullo co grupo C no Peirao de Arcade en horario de mañá e no horario de tarde presentaranse os grupos A e B (cunha curta actividade por ser o primeiro día).

Para o martes 4 en horario de mañá o grupo E e pola tarde en grupo D. Ese día organizaranse os grupos de vela (D) e de Esquí (E).

O mércores 5 o grupo B e o C terán a posibilidade de manexar un kart e onde poderán obter o seu carné de condución.

Xoves 6 o grupo D e o E realizarán unha actividade de orientación urbana desde a Alameda de Tallo Río ata diversos lugares do centro urbano.

O venres 7 os mais pequenos desprazaranse á Hipica Amazonas para ter contacto cos cabalos.

O mesmo venres pola noite terá lugar a primeira “Velada na Noite” onde todos os participantes das actividades de verán acompañados dun adulto responsable poñerán a proba os seus dotes de rastreadores. Iniciarase ás 22,30 horas desde o Campo de Futbol de Salgueirón (Arcade).

 

Descargas:  Verán-2017-Semana-1.pdf

TODA A PROGRAMACIÓN FAI CLIK AQUÍ


Visto 1271 veces