fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 30 Xuño 2015 13:32

Inicio Actividades de Verán 2015

Inicio Actividades de Verán 2015

Mañá mércores día 1 de xullo inícianse as Actividades de Verán 2015 do Concello de Soutomaior onde este ano participan 376 nenos e nenas deste Concello.

Esta primeira semana, que servirá de presentación dos participantes cos 7 monitores que velarán polo bo funcionamento das actividades programadas, desenvólvese no Peirao de Arcade cos seguintes horarios:

  • Grupo A: (3-4 anos) -Mércores 1- Peirao de Arcade de 17,00 a 19,00 horas -Actividade: Mini Olimpiadas
  • Grupo B: (5-6 anos) -Mércores 1- Peirao de Arcade de 11,00 a 13,00 horas -Actividade: Mini Olimpiadas
  • Grupo C: (7-8 anos) -Xoves 2 - Peirao de Arcade de 11,00 a 13,00 horas -Actividade: Mini Olimpiadas
  • Grupo D: (9-10 anos) - Venres 3 -Peirao de Arcade de 10,30 a 13,00 horas -Actividade: Olimpíadas Tolas
  • Grupo E: (11-12-13-14 anos) -Xoves 2 -Peirao de Arcade de 17,00 a 19,00 horas -Actividade: i Olimpíadas Tolas.

Estes primeiros día de actividades aproveitáseno os grupos D y E para confeccionar os grupos de Vela e Esquí Náutico.

O venres pola noite a partir das 22,30 horas haberá a "velada na noite" cunha actividade de rastrexo que poderán participar todos os nenos e nenas acompañados dos seus pais,

O lugar de reunión será o Pavillón Municipal A Montesina


Visto 2774 veces