fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 01 Xullo 2016 11:27

Actividades de Verán 2016

Actividades de Verán 2016

Este próximo luns día 4 de xullo iniciaranse as actividades de verán 2016 do Concello de Soutomaior.

Máis de 300 nenos e nenas están inscritos para este ano e serán distribuídos en 5 grupos distintos por idades.

7 monitores titulados acompañarán día a día aos participantes (mais os monitores específicos de cada actividade) nas mais de 40 actividades programadas.

A presentación terá lugar o sábado día 2 ás 12 da mañá no Multiusos de Arcade onde se darán a coñecer o grupo de cada participante e a programación da primeira semana.

Cada grupo terá unha saída de media xornada e outra de xornada completa para desprazarse a distintos lugares como ao Parque Acuático de Fafe (Pt), ao acuario do Grove para despois facer unha viaxe en barco pola Ría de Arousa, Museo Muncyt e Planetario en Coruña ou as visitas á Escola Naval de Marín, Vigo Zoo, Bombeiros Pontevedra, etc.

Para o grupo dos máis pequenos non faltará a actividade de hípica e para o grupo dos maiores o Esquí Náutico e a Vela estarán presentes como cada verán.

A festa da bicicleta, a acampada e as “veladas na noite” cos pais tamén están programadas para este ano 2016.

O Concello de Soutomaior quere agradecer ás distintas entidades públicas e privadas a colaboración para poder levar a cabo cada ano estas Actividades de Verán.


Visto 2628 veces