O Concello de Soutomaior pon en marcha as actividades deportivas de verán (meses de xullo e agosto). O prazo de inscrición será desde o 10 ao 21 de xuño e realizaranse de maneira exclusiva no pavillón Municipal de Deportes en horario a partir das 19,00 horas. As actividades divídense en adultos e infantís cos seguintes horarios e actividades:
ACTIVIDADES INFANTÍS
PATINAXE:
“Verán-patinaxe”: Luns de 12:00 a 13:00h.
- Grupo único: 25 participantes (Mínimo 10)
- Custe: Empadroados 20 €/curso / Non empadroados 40€/curso
- Idade mínima: 3 anos
PADEL: Luns e Mércores ou Martes e Venres
- Grupos: Máximo 5 participantes por grupo - Mínimo de inscritos por grupo: 4
- Horarios: 10:00 a 11:00 h / 11:00 a 12:00 h / 12:00 a 13:00 h / 13:00 a 14:00 h
- Custe: Empadroados 40 € curso / Non empadroados 60 € curso
- Idade mínima: 6 anos
TENIS:
“Verán -tenis”: Luns e Mércores
- 2 grupos: (máximo 8 participantes por grupo)
- Horarios: 10:00 a 11:00 h / 11:00 a 12:00 h / 12:00 a 13:00 h
- Custe: Empadroados 40 € curso / Non empadroados 60 € curso
- Tenis: Número mínimo de inscritos por grupo 6 participantes / Idade Mínima: 6 anos.-
- Minitenis: Número mínimo de inscritos por grupo 4 participantes / Idade Mínima: 4 anos
ACTIVIDADES ADULTOS .
PADEL ADULTOS:
- Datas: Luns, Martes, Mércores ou Venres
- Participantes: 3 - 4 participantes por grupo
- Horarios: 1h/semanal / A partir das 19:00 h / Polas mañás según dispoñibilidade horaria.
- Custe: Empadroados 40 € curso / Non empadroados 60 € curso.
TENIS ADULTOS
Perfeccionamento
- Horarios: Luns 20:00 a 21:00 h
- Participantes: Máximo 6 participantes por grupo / Minimo 4
Iniciación
- Horarios: Luns. 21:00 a 22:00 h
- Participantes: Máximo 6 participantes por grupo / Minimo 4
- Custe: Empadroados 40 € curso / Non empadroados 60 € curso.
Tenis en familia
Clase impartida a un adulto(maior 16 anos) xunto un nen@ (maior 8 anos)
- Horarios: Mércores. 20:00 a 21:00 h
- Participantes: Máximo 8 participantes por grupo / Minimo 4
- Custe: Empadroados 70 € curso (adulto +nen@) / Non empadroados 90 € curso (adulto+nen@).
Avanzados
- Horarios: Mércores. 21:00 a 22:30 h
- Participantes: Máximo 5 participantes por grupo / Mínimo 3
- Custe: Empadroados 60 € curso / Non empadroados: 80 € curso
INSCRICIÓNS:
Inscricións Actividades Deportivas de Verán 2019
Díptico Actividades Deportivas de Verán 2019