Martes, 03 Novembro 2015 10:07

Xoves de Conto - Biblioteca Municipal

Xoves de Conto - Biblioteca Municipal

XOVES 5 DE NOVEMBRO UNHA NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS INFANTÍS

A representación é totalmente gratuíta no salón principal da biblioteca.

A Biblioteca Municipal de Soutomaior organiza o xoves, 5 de novembro a partir das 17:00 horas, unha nova sesión de contacontos infantís. Destinada a nenos desde os seis meses ata os tres anos, os actores da compañía Animar-t estrearán a súa función Onde está o vento?.

A actividade está encadrada dentro do programa “Xoves de conto” que se realiza os primeiros xoves de cada mes e que pretende fomentar o hábito de lectura entre os nenos e nenas do municipio.

O conto trata dunha nena que está triste porque os seus muíños de vento non viran. Dáse conta de que non se moven porque non hai vento así que emprende unha viaxe para solucionar o problema. A medida que avanza vaise atopado a varios personaxes e elementos ata descubrir a verdade: as nubes están enfadadas porque as persoas maiores non deixan de contaminalas, por iso deixaron de soprar. Para solucionalo os papás e mamás terán que prometer que non volverán contaminalas para que as nubes volvan soprar e así os muíños de vento por fin volvan virar. A representación ten unha duración aproximada de media hora e a entrada é totalmente gratuíta tanto para os pequenos como para as súas familias.

A representación conta con moitos elementos visuais e sonoros, aínda que se realizará sen amplificación para que o son non sexa demasiado forte para os pequenos.

O programa “Xoves de Conto” da Biblioteca Municipal de Soutomaior está concibido como unha forma de achegar aos máis pequenos á biblioteca coa intención de convertela nun lugar de encontro e de contacto coas primeiras lecturas infantís. Cos contos como atracción principal, o obxectivo é fomentar a narración de historias como paso previo á lectura.


Publicado en Tardes de Conto
Visto 1916 veces


Xoves de Conto

Contos do Mundo!

25-10-2021 Tardes de Conto

Historias que nos achegan a outras culturas e poñen en valor a riqueza cultural de todos os pobos a través das miradas positivas cara o diferente. Agardámoste este mércores na...

Obradoiro "Ender´s Game"

15-10-2021 / Tardes de Conto

O vindeiro 20 de outubro na Biblioteca Municipal, un novo mércores de conto. Esta vez cun formato un pouco especifal e diferente pois tratarase dun obradoiro moi creativo baseado na novela " O Xogo de Ender". Neste obradoiro farase unha descrición do libro da súa mensaxe e do ambiente. Despois crearemos e xogaremos con drons, robots, dispositivos electrónicos, marcadores láser...

Contacontos "Mirando ao ceo". Programa: Ler conta moito!

04-10-2021 / Tardes de Conto

A Biblioteca Municipal de Soutomaior acolle este mércores día 6 de outubro ás 18:00 horas o contacontos  "Mirando o Ceo" de Charo Pita. O título do espectáculo  fai referencia a como na antigüidade a xente se orientaba mirando o ceo e, para lembrar o lugar que ocupaba unha estrela, inventábanse unha historia. Se non queredes perdervos de noite, o mellor é...

Historias da Marquesa! Contacontos na Biblioteca

23-09-2021 / Tardes de Conto

Soutormaior inicia o programa Ler conta moito!  xestionado pola Biblioteca Municipal Luís Seoane. ó longo do mes de outubro haberá unha programación de contacontos e actividades moit variadas coas que se pretende fomentar a lectura e outras habilidades a través dos sentidos e das emocións. Comezamos coa primeira cita deste programa que terá lugar este mércores 29 de setembro ás...

A maxia dos contos / Manuel Solla

01-10-2020 / Tardes de Conto

Venres 2 de outubro  ás 17,30 h. Multiusos de Arcade Espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, cancións, participación do público, diversión e moito máis. O contacontos iranos introducindo no mundo máxico dos contos coas sorpresas dunha maleta máxica e da man dos seres fantástico que nela habitan. Esta actividade encádrase dentro do programa de dinamización da lectura da Xunta...

Nadal de contos - Os contos do avó

30-12-2019 / Tardes de Conto

Luns 30 de decembro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal Os contos do avó: lendas e historias galegas Paixón pola nosa terra, a nosa xente e en especial os nosos cativos. Iso é o que sente este adorable avoiño ó transmitir de boca en boca, como se facía antano, as máis incribles lendas e historias que brotan da nosa terra galega. De norte a...


DESTACADOS

El silencio de las olas

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en busca de respuestas. Un secreto silenciado durante años rompe el rumor de las olas. Adela Roldán, casada y con un...

O último barco

A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na...

O castelo de Soutomaior : un lugar cheo …

Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía convencional. Trátase dunha obra ilustrada que nos levará a descubrir unha fortaleza que se eleva maxestosa e silente, dominando o...


Os libros que che fan imaxinar

Na néboa

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia detectivesca -só que sen detectives- e asemade un logrado exemplo de novela enigma. Ao día seguinte dunha gran...

Antes de durmir

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o respeto pola diversidade. "A través de fermosas ilustracións amósasenos a importancia de respetar os tempos e mais os...

Virtudes ( e misterios)

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado esta obra “por mostrar con una prosa muy cuidada, en el fondo y en la forma, la historia...

Las vencedoras

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera como abogada (...) Enviada a un hogar para mujeres con grave riesgo de exclusión social, tiene problemas para...

El huerto de Emerson

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no se acaba nunca.» Luis Landero retoma la memoria y las lecturas de su particular universo personal donde las...

Escenas, imaxes e sons do camiño

Estamos diante dun ensaio que pon en valor a visión e o aproveitamento de todo o relacionado co tema xacobeo desde distintos ángulos culturais. O autor ofrécenos un texto elegantemente...

La transformación de Carag

Tras el brillo de los ojos de Carag se esconde un secreto milenario: es un metamórfico. Creció como puma, pero ahora vive entre los humanos como un chico cualquiera. No...

El bosque de los cuatro vientos

A comienzos del siglo XIX, el doctor Vallejo viaja de Valladolid a Galicia junto con su hija Marina para servir como médico en un poderoso monasterio de Ourense. Allí descubrirán...

Sakura

Una novela que nos traslada de París a Japón de la mano del pintor Vincent Van Gogh.  Una aventura en la que la búsqueda del retrato del doctor Gachet marcará un...

El infinito en un junco: la invención d…

Este es un libro sobre la historia de los libros. Un recorrido por la vida de ese fascinante artefacto que inventamos para que las palabras pudieran viajar en el espacio...

Yo, Jane

Esta es la historia de una niña llamada Jane, que soñaba con cuidar a todos los animales y creció para ayudar a cambiar el mundo. "Existen muchas personas que han tenido...

Emocionarte : la doble vida de los cuadr…

" Los cuadros tienen muchas vidas". Esa es la premisa de este libro. Un cuadro esconde una historia real, o una curiosidad, que normalmente no leemos en las cartelas que...