Martes, 29 Setembro 2015 09:52

Clubs de Lectura – Biblioteca Municipal

Clubs de Lectura – Biblioteca Municipal

Os clubs de lectura da Biblioteca Municipal de Soutomaior en Arcade volven á actividade despois do verán. Trátase dunha iniciativa cultural que pretende fomentar e desenvolver valores como a tolerancia, o respecto á palabra e ás ideas mediante a lectura e o debate literario. Os membros de cada club reúnense dúas veces ao mes ao redor dun libro cuxo título se acordou con anterioridade para compartir as ideas, sensacións e opinións que xorden ao redor do texto seleccionado co resto dos compañeiros, e mesmo se é posible, co propio autor. Para o Club de lectura en Inglés propúxose a obra “All creatures greart and small”, de James Herriot. Este grupo reúnese sempre os xoves, a partir das 19:00 horas, cada dúas semanas, e comeza o 1 de outubro co primeiro encontro coa coordinadora. No caso do Club de lectura en Francés, coordinado por Isabelle Nowak, as reunións celébranse o primeiro e terceiro luns de cada mes, ás 19:00 horas. O libro proposto para este primeiro ciclo “Et se c’etait vrai”, de Marc Levy. Este club arrinca o luns 5 de outubro. Por último, para o club de Lectura en castelán/galego seleccionouse a obra “El adversario”, de Emmanuel Carrére. Os libros repartiranse a partir do 28 de setembro. Este grupo, dirixido por Eva Rodríguez, alterna mensualmente o idioma e reúnese o último mércores de cada mes ás 18:30 horas. Hai 15 prazas dispoñibles por club e é necesario inscribirse previamente para poder asistir. Cada club está coordinado por un experto na materia con moitos anos de experiencia e que ademais o fan en réxime de voluntariado. No caso das linguas estranxeiras, debido á complexidade dos textos propostos, aconséllase dispoñer dun nivel intermedio-alto no idioma seleccionado. Un dos clubs que mellor acollida está a ter, en parte porque a é das poucas bibliotecas que o organiza en Galicia, é o de Lectura Fácil. Os destinatarios do club son persoas en fase de aprendizaxe do idioma, discapacitados, novos, persoas maiores de baixa escolarización e en xeral a todas aquelas que en xeral desexen gañar fluidez na práctica do castelán ademais de mellorar as súas capacidades lectoras e de expresión oral. Os encontros durante este curso realizaranse os martes alternos, de 11 a 12 horas na primeira planta da biblioteca, comezando polo próximo 6 de outubro para o que se seleccionou a obra “As aventuras de Tom Sawyer”, de Mark Twain.


Publicado en Club de Lectura
Visto 1564 veces


Club de Lectura

Biblioteca Municipal – Clubs de lectura

25-09-2019 Club de Lectura

Club de lectura infantil  A partir do martes 1 de outubro ábrese a inscrición ao club de lectura infantil. Divídese en dous grupos: Un de 6 a 8 anos e outro...

Biblioteca - Clubs de lectura fácil

09-10-2018 / Club de Lectura

A Biblioteca Municipal pon en marcha dous novos clubs de “lectura fácil” para favorecer a inserción social. A iniciativa pretende servir como ferramenta de integración de novos cidadáns e persoas de fala estranxeira ou con dificultade lectora mediante textos sinxelos que desenvolvan o seu gusto pola lectura. Esta nova proposta conta con 10 prazas dispoñibles e a primeira reunión celebrarase...

La casa de cristal del señor Clin (Gloria Sánchez)

30-01-2017 / Club de Lectura

Club de lectura infantil El señor Clin era un artesano vidriero que modelaba hermosas figuras de cristal. Como no tenía buena memoria, nunca recordaba dónde había dejado los zapatos o las llaves de casa. “¿Por qué los muebles no serán transparentes?”, se decía. Así sabría dónde están las cosas…”. 1ª lectura club lectura infantil de 6-8 años comienza el próximo jueves 2...

Club de Lectura Infantil

04-02-2016 / Club de Lectura

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOUTOMAIOR ORGANIZA UN NOVO CLUB DE LECTURA INFANTIL A actividade é totalmente gratuíta e está dirixida a nenos de 6 a 9 anos. Os clubs de lectura infantil volven a Soutomaior de man da biblioteca municipal Luís Seoane en Arcade. Trátase dunha iniciativa educativa, totalmente gratuíta que pretende espertar o amor polos libros e a lectura entre os máis...

Clubs de Lectura – Biblioteca Municipal

29-09-2015 / Club de Lectura

Os clubs de lectura da Biblioteca Municipal de Soutomaior en Arcade volven á actividade despois do verán. Trátase dunha iniciativa cultural que pretende fomentar e desenvolver valores como a tolerancia, o respecto á palabra e ás ideas mediante a lectura e o debate literario. Os membros de cada club reúnense dúas veces ao mes ao redor dun libro cuxo título...

Club de Lectura


Os libros que te fan imaxigar

97 formas de decir "te quiero"

Cristóbal no sale de su asombro cuando Daniela, una joven desconocida, le revela que ambos murieron veinte años atrás con la promesa de reencarnarse. Pero más atónito queda aún cuando...

El planeta americano

A lo largo del siglo XX se han creado muchos mitos, pero hay uno, ahora que otros han muerto y el siglo declina, que se alza sobre los demás: Estados...

El símbolo perdido

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?  Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón...

Acio sanguento

Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor...